5 nov 2010

POSIBLES OCEANOS DE DIAMANTES EN NEPTUNO



Un grupo de científicos afirman que encontraron a proporción exacta de temperatura e presión para lograr que un diamante fose líquido (cando normalmente se transformaría en grafito). A asombrosa casualidade é que esas condicións atmosféricas poderían darse naturalmente en Neptuno e Urano, planetas con ao menos un 10% de carbón, e podería haber alí- especulan os científicos- mares de diamante incandescente sobre os que floten témpanos dun valor incalculable.

- Conclusión: os uranianos e neptunianos están forrados!

O que a min non me acaba de cadrar e que se Urano e Neptuno son planetas fundamentalmente gasosos, como poden existir mares na súa superficie?

1 comentario:

  1. Podense dar as condicions de presión e temperatura necesarias, pero e se nesa atmosfera as cousas non se forman coma na nosa?, creo que terian que influír mais factores, pois pareceme extraño que todos os planetas teñamos os mesmos mineirais, e mais se nos comparamos cun planeta tan distinto como é Neptuno, que como di Veronica é gasoso.

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?