25 ene 2014

Somos máis tontos.

Estudos realizados dende o S. XIX revelan que agora somos mais tontos ca no século nomeado anteriormente. Esto pódese deber a distintos factores, como que pasamos mais tempo diante do televisror, no ordenador, no movil, etc. Crees que realmente se pode medir a intelixencia xeral dos humanos en cada época?
Fontes: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/06/21/andalucia/1371834801_643608.html

Duda da evolucion

Na anterior avaliacion estudamos unha teoría chamada Big Crunch, a cal di que o universo
se comprimirá nun so punto provocando que se produzca de novo un Big Bang. Daquela, ao
producirse un novo Big Bang, o universo volverase a crear da mesma forma e a evolución farase
igual, chegando a nacer incluso nos mesmos?
Fonte: O meu aburrimento.

23 ene 2014

El universo para curiosos

Este libro está formado por catro partes nas que cada unha delas fala de cousas distintas e moi variadas. Neste caso a parte que lin foi a parte dous : “ O sistema solar” , no que trata de temas coma os planetas e o que podemos encontrar en eles , fala da astroloxía e astronomía. Foi un libro que me gustou bastante e para lelo non tes que entender moito sobre o universo xa que podes entender sen problema a maioría das cousas e aumentan bastantes os teus coñecementos. Hai algo que c pode resultar algo complicado, é que en cada parte fala de moitas cousas. Recoméndollo a calquera persoa que queira saber un pouco máis sobre estos temas.

Como puido surxir a intelixencia humana





O cerebro é un órgano que necesita moita enerxía, igual que o aparato dixestivo, para funcionar. Isto implica que un cerebro grande e un aparato dixestivo voluminoso son incompatibles. Por esta razón, pénsase que a intelixencia desenvolveuse debido ao paso dunha alimentación herbívora a unha dieta rica en proteínas, xa que isto permitía aumentar o tamaño do cerebro e disminuír o volume do aparato dixestivo. Implica eso que animais como a vaca non teñen inteligencia?

Fonte :http://www.unav.es/cryf/origeninteligencia.html

22 ene 2014

A eterna xuventude





Algunhas especies non sofren declive coa idade e son capaces de reproducirse ata o momento da súa morte por exemplo o cangrexo ermitaño ou a hydra. Isto desafía algunhas teorías evolutivas xa que o envellecemento é un rasgo intrínseco en cada especie. Pensades que esta característica pode afectar as teorías evolutivas?


Fontes:http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/las-especies-eternamente-jovenes-desafian-la-teoria-de-la-evolucion-de-darwin-301386589969

O estudo do xenoma do peixe cebra




A similitude do xenoma do ser humano co do peixe cebra fai que este animal sexa o máis axeitado para o estudo de enfermidades, como o cancro e o alzhéimer, e tratamentos terapéuticos. O estudo sería posible xa que o 71% dos xenes humanos son semellantes aos do peixe. Ademais o 82% dos 3200 xenes humanos inplicados en enfermidades son semellantes en ambas especies. Profundaremos nos coñecementos sobre certas enfermidades debido a similitude dos xenomas? Atoparemos cura a enfermidades grazas ao xenoma do peixe cebra?


Fontes: http://www.solociencia.com/category/biologia/page/2/

A ACUPUNTURA FUNCIONA OU NON?



       Actualmente a acupuntura non pode ser considerada unha ciencia xa que non cadra coa definición desta. Pero hai casos que demostran que en realidade sí funciona máis alá di efecto placebo. Moitos científicos aceptan este feito pero non cren que se deba a correntes de enerxía do corpo.
                  ¿Acupuntura ciencia ou pseudociencia?

                FONTE:http://filosofiaencolmenarejo.wordpress.com/tag/ciencia-y-pseudociencia/
                       http://www.youtube.com/watch?v=2Tcuyn3fxWw
             

A célula primitiva



As primeiras hipóteses sobre a orixe da vida foron dadas por Oparín e Haldane. Eles plantexaron que grazas a un periodo de evolución química se crearon as primeiras células. Estas, estaban compostas por un metabolismo sinxelo e serian heterótrofas anaerobias. Pero para que puideran evolucionar era necesario crear descendencia, o que implica resolver a seguinte cuestión: como se formaron ADN, RNA e proteinas?


20 ene 2014

Necesita o ser humano sentirse querido para sobrevivir?


Todos precisamos de afecto, e o recibimos algunha vez , coincidimos en que é unha necesidade para o ser humano sentirse querido, pero non sabemos dar unha explicación razoada disto. Moitos cren que isto é só unha teoría relixiosa pero o ser humano é o ser máis social, e o máis probable é que se ningún de nós recibise algunha vez afecto por parte de alguén non estivesemos aquí. De feito hai quen afirma que un ser humano pode chegar a enfermar ou mesmo morrer se non ten satisfeitas as súas necesidades afectivas. Pensas que isto é so unha crenza ou, pola contra, opinas que é certo?

Fontes:

http://www.biopsychology.org/biopsicologia/articulos/afecto_necesidad_primaria.htm
http://www.educativo.utalca.cl/medios/educativo/profesores/basica/desarrollo_emocion.pdf

Medusas, os nosos pais.

Uns científicos descubriron un tipo de medusa de fai uns 600 millons
de anos, que casi certamente puido ser o noso antepasado máis antigo do
que se saiba existencia. Pareceche coherente que poidamos descender das

medusas?
Fonte: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/12/12/actualidad/1386878546_950749.html

A evolución de Homer

19 ene 2014

Una breve historia de casi todo

Unha obra que responde ao seu título, sempre que consideremos case todo só a ciencia experimental.
Bioloxía, Física, Química e Xeoloxía danse a man nesta obra.

Desaparición dos Neandertais en Europa.

Os neandertais desapareceron pola invasión do máis avanzado homo sapiens que é o noso antepasado máis directo. Chegaron a ser dez veces maiores en abundancia que os neandertais e isto fixo que acabasen por conquistar o territorio , as súas técnicas máis avanzadas e o seu maior dominio das técnicas permitíalle aproveitar meior os recursos, ademais o homo sapiens era máis sociable. Existiron conflictos entre os neandertais e o homo sapiens , con diferenza , o homo sapiens logrou o éxito.
A nosa evolución sería a mesma da que temos se os neandertais sobrevivisen xunto o homo sapiens ?
Fontes:
http://noticiasdelaciencia.com/not/1850/explican_la_desaparicion_de_los_neandertales_en_europa/
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2011/07/29/actualidad/1311890407_850215.html


Duración de lactancia dos homínidos.


Grazas ao estudo dos dentes de varios individuos poidéronse estudar as fases do seu crecemento biolóxico. Determinouse que tiñan mellor saúde da que temos hoxe en día xa que a duración de lactancia nos nosos antepasados de Atapuerca era de entre tres a catro anos. O leite é moi importante xa que nos axuda a protexernos de certas enfermidades.
Poderíamos sobrevivir hoxe en día durante os nosos primeiros anos de vida só de leite ?

Fontes:
http://pequelia.es/26403/leche-materna-durante-los-primeros-cuatro-anos-de-vida/
http://www.rtvcyl.es/Noticia/4315C3CE-9E71-6D91-5B9A1A8EF6E82C30/leche/materna/alimento/principal/hominidos/atapuerca/primeros/anos/vida

Porque cando vemos o sol nos dan ganas de estornudar?


Isto recibe o nome de estornudo fótico e ocórrelle a un 15 ou 25% das persoas. O estornudo fótico considerase un factor de risco para pilotos de combate polo que se aconsella non voar a quen sufra isto. Isto suponse que sucede despois de 5 minutos de adaptación á escuridade. Dise que se transmite xenéticamente cun 50% de posibilidades de ser herdado. Crese que existe unha relación entre un nervio (trixémino) e o nervio óptico que transmite impulsos visuais ao cerebro. A sobreestimulación do nervio óptico dispara o nervio trixémino, provocando o reflexo de estornudar coa luz. Outra teoría di que as bágoas filtradas cara o nariz polo conducto nasolacrimal son unha causa do reflexo. A rápida velocidade a que se produce este, fai que a primeira teoría teña máis apoios que a última. Atribúes este feito á ciencia ou á pseudociencia?

Fontes:


http://www.planetacurioso.com/2010/10/29/por-que-cuando-vemos-el-sol-nos-dan-ganas-de-estornudar/


http://blogs.elpais.com/la-doctora-shora/2011/08/estornudos-de-cara-al-sol.html

La ridícula idea de no volver a verte

Unha perspectiva moi persoal e íntima da vida da agora considerada a científica máis importante da historia, Marie Curie. Isto é o que nos ofrece este libro de Rosa Montero, autora que cun ton de acercamento nos introduce nunha reflexión sobre aspectos inéditos da vida desta gran muller grazas aos cales trata diversos temas actuais. A novela é unha apertura de corazón de Marie Curie e da mesma autora ao posuír diversos trazos e vivenzas en común. Non perdades a oportunidade de sumerxirvos nesta lectura xa que, segundo a miña opinión, é unha posibilidade de pensar e reflexionar sobre aspectos que non desaparecen pese aos anos, ao mesmo tempo que nos culturizamos sobre unha persoa que xogou un papel tan importante na mellora da nosa vida.

Reforzo da teoría da Panspermia


Unha nova investigación levada a cabo pola Universidade de Princeton refoza a teoría da Panspermia. Trátase dun estudo que suxire a posibilidade da tranferencia débil: proceso no que obxectos sólidos poden deambular fóra da órbita dun corpo celeste e acabar na doutro, o que podería dar lugar a un intercambio de elementos básicos para a vida. O equipo atopou que as velocidades lentas favorecen este proceso e que o tempo deste cambio pode ser compatible co desenvolvemento real do Sistema Solar e ca primeira aparición da vida sobre a Terra.
Pode acabar sendo a Panspermia a teoría aceptada?

A área do cerebro clave na nosa evolución

O precúneo é, según un estudo, a principal fonte de variación anatómica na organización espacial do cerebro. O autor (responsable do CENIEH) revela que a ampliación da parte central do cerebro xogou e xoga un papel moi importante na evolución do Homo Sapiens por contribuir a integrar as informacións cerebrais coas ambientais sendo un nudo moi importante para xerar autoconciencia e mente. Nesta mesma zona ademáis, localízanse os primeiros síntomas do Alzheimer, tema sobre o que se presentou unha hipótese para interpretar a neurodexeneración asociada a esta patoloxía en clave evolutiva.
Poderemos encontrar no estudo da evolución a cura a esta enfermidade?
Fonte: http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/5110651/sociedad+ciencia/el-rincon-del-cerebro-clave-en-la-evolucion-de-nuestra-especie#.UtvBLRC0rIW

Evolución, Los Simpson


Por que o ser humano é bípedo?


Todos nos preguntamos algunha vez por que se descendemos dos primates, eles seguen a empregar as catro extremidades para camiñar. A explicación científica di que nun comezo, os primates vivían en zonas forestais e a súa anatomía e maneira de desprazarse era a adecuada. Nalgún momento, un cambio no ecosistema, fixo que estes cambiaran de hábitat. Na busca doutros recursos pasaron da zona de árbores á sabana africana, isto precisaba de cambios, entre os cales, andar erguido se considera un dos máis destacados e beneficiosos. Tamén hai hipóteses que apuntan que os humanos somos bípedos debido a que isto nos permite aforrar enerxía ou liberar as mans, o cal permite o fácil manexo de obxectos. Cal destas explicacións che resulta máis crible?

Fontes:

http://axxon.com.ar/not/175/c-1753047htm.
http://laflecha.net/archivo/canales/ciencia/noticias/el-hombre-se-volvio-bipedo-para-ahorrar-energia
http://www.hablandodeciencia.com/articulos/2012/01/13/historia-del-bipedismo/