19 feb 2011

LUCA.


Cal é o antepasado común de todos os seres vivos?
Un grupo de científicos chegou a conclusión de que o antepasado común de todos os seres vivos pode que fose unha simple bacteria autónoma que non tiña máis de 572 xenes (os humanos temos arredor de 30.000 xenes) para saber isto fixeron unha especie de denominador común de 30 xenomas de distintas especies de bacterias. O antepasado coñécese polo nome de LUCA, non porque lle gustase a quen llo puxo, senón porque son siglas inglesas que significan: “Last Universal Common Ancestor”,o que en español quere dicir, o antepasado universal común máis antigo.
Agora pensemos, se unha simple bacteria de tan só 572 xenes, evolucionou tanto ate chegar a un complexo humano de 30.000 xenes, ata que punto poderemos evolucionar? Eu creo que e moi difícil poder responder a isto porque hai moitos factores que inflúen pero e que se esa bacteria puido evolucionar tanto, dentro de millóns de anos o ser humano podería evolucionar ate un punto no cal nin se asemellaría ó que somos actualmente. Non credes?

18 feb 2011

Entrevista Ángel Carracedo

Ángel Carracedo é o director da Fundación de Medicina Xenómica de Galicia, na cal axudado polo seu equipo de investigación atenden a 16.000 de pacentes de toda España. Nesta entrevista cóntanos que fai pouco naceu unha patente que lle perite detectar o cancro folicular de tiroides e subclasificalo mellor, pola cal recibiron dous premios. Outro tema do que nos fala é de que o cancro tratase de moitas cousas a vez e de que pouquiño a pouquiño vaise ir decubrindo como mellorar os diagnósticos, facelos máis precoces,así como ós tratamentos. Unha das cousas que máis cabe destacar é que dependen da escasa inversión pública e por iso dobran os esforzos e así conseguen ser o mellor equipo de investigación do mundo xa que producen moito máis do que reciben a escala nacional.

16 feb 2011

A AMIGA DOS GORILAS



Dian Fossey foi unha zoóloga norteamericana coñecida polo seu traballo científico e conservacionista. Naceu o 16 de xaneiro de 1932 e morreu o 26 de decembro do 1985. Fossey viaxou a África en 1963 e observou e estudou os gorilas e isto permitiulle comprender e imitar o seu comportamento. Aprendeu a recoñecer as características únicas de cada individuo. Fossey publicou en 1983 Nas Montañas dos Gorilas. A vida e obra de Fossey foi retratada no filme Gorilas na neboa.

13 feb 2011

Jane Goodall


Jane Goodall é unha antropóloga e zoóloga británica , nacida en Londres no ano 1934, e que dende nena tivo gran interese polos animais, así como polo mundo do descubrimento e da evolución.

Un dos seus principais soños sempre fora viaxar a África, e vivir entre animais para poder escribir sobre eles e analizar a sua forma de vida. Unha vez realizado ese soño, e comezando a sua grande afición polos chimpancés (aínda que ao principio seria moi complicado debido ao rechazo destes), formou un equipo donde se recolleria todo tipo de información, o que propiciou que o Gombe Stream Research Center se convertese nun dos centros máis importantes do estudo animal.