9 abr 2015

VI Premio de Divulgación Científica Ángel Carracedo

Xa temos gañadores nesta edición dos premios de divulgación.
O primiero premio concedeuse a un traballo realizado por June Carabel e Lucía Lema sobre Rita Levi-Montalcini, unha das figuras máis interesantes da ciencia europea do século XX.
O segundo premio recaeu nun traballo de Lucía Collazo e Martiño Rivera sobre a figura do noso mentor Ángel Carracedo.
O xurado decidiu tamén facer dúas mencións especiais a dous traballos sobre Frederick Grifith e Francis Galton realizados respectivamente por Eva Álvarez e Noemí Lorenzo e Ángel Blanco e Cristal Camafreita.
Noraboa aos premiados. En breve teremos unha foto da entrega dos premios.
Vémonos na próxima edición o vindeiro curso.
Texto gañador sobre Rita LEvi-Montalcini
Segundo premio sobre Ángel Carracedo

8 abr 2015

La locura

Non sei por que pero este tema sempre interesa.

6 abr 2015

El escritor que non sabía leer y otras historias de la neurociencia

Pode unha persoa escribir sen entender o que le? Pode unha alumna de primaria refutar cientificamente a existencia da aura? Pódese vivir sen memoria?
Pódese atopar este libro na biblioteca? A esta pregunta respondo eu, non. Xa non me quedan libros na biblioteca para recomendarvos así que a partir de agora todos os que vos recomende serán meus. Xa sabedes onde pedilos.

Entradas da terceira avaliación

Xa podedes publicar entradas no blog.
Para os despistados estades ante o blog dos alumnos de Ciencias para o Mundo Contemporáneo do IES de Ponteceso. Neste espazo publicaremos noticias relacionadas cos temas de clase, buscaremos polémicas relacionadas coa materia ou falaremos de lecturas de divulgación científica. Na terceira avaliación, na que xa estamos familiarizándonos co uso do blog intentaremos prestar máxima atención nas entradas aos seguintes aspectos:
  • Temas: en cada avaliación os temas a publicar deben estar relacionados cos contidos estudados nela. Nesta segunda avaliación os temas son: Saúde e a Revolución xenética.
  • Ortografía.
  • Lonxitude da entrada. As entradas non poden ocupar máis de catro liñas. 
  • Enlaces. Como acabo de comentarvos a lonxitude das entradas está limitada polo que os enlaces son imprescindibles. Estes deben axudar a completar a información contida na entrada.
  • Rigor científico dos contidos. Sempre será interesante contrastar as nosas fontes.
  • Fontes. Non esquezamos nunca citar a procedencia de imáxenes ou información publicada nas entradas.
  • Etiquetas.
A ausencia de calquera destas cuestión invalidará a entrada.
Lembrade que para poder publicar primeiro tedes que enviar as entradas á dirección de correo que vos din en clase e despois esperar a que vos envíe a invitación. As entradas publicadas sen invitación non serán válidas.