22 jun 2012

Hablemos de ciencia


 HABLEMOS DE CIENCIA
 
Dende o meu punto de vista, todos os libros son recomendados para ler xa que ler é moi bo, pero este libro en especial e o que máis recomendaría. Este libro ten algo especial, é que explica moitas cousas que as persoas non sabemos sobre o universo, sobre o que podemos observar, feitos que ocorren dende a súa orixe, o que vai a suceder nun futuro… Tamén explica feitos incribles como explosións estelares (novas e supernovas), a orixe dos buratos negros, os planetas do sistema solar e os extrasolares... é dicir, todo sobre a ciencia.
En definitiva é un libro moi interesante tanto para ampliar cultura, como para profundizarse científicamente. Nós somos seres humanos e formamos parte da vida e do universo por iso debemos coñecer onde, porque e dende cando vivimos. Ademais coñecer todo o que nos rodea é moi importante xa que sabendo iso podemos saber moitas cousas máis, como o que vai ocorrer, de que descendemos, si o mundo se vai acabar, se o noso universo está en crecemento ou vai volver a producirse o memos proceso (big crunch)…
Conclusión, é necesario saber de ciencia, e para iso, este libro explicanos o necesario, polo que recomendó que todos o leades. 

19 jun 2012

Outro curso rematado













Como todos os anos a fin de curso sorpréndenos aínda empezando a aprender. Non vós preocupedes, en setembro volvemos con máis diversión: libros, noticias,debates,...
Para min novamente é un pracer despedirme de todos pero especialmente do grupo do fondo, ese 1ºC no que, como case todos os anos, tanto calor e debates vivimos este curso.
Boas vacacións.