2 abr 2013

Superanciáns


Según un estudo feito por científicos da Universidade de Northwestern e publicado na revista Journal of the International Neuropsychological Society, hai un pequeno grupo de ancián maiores de 80 anos cun cerebro que sería propio de persoas con vinte ou trinta anos e que lles permite pensar e recordar mellor que estas. Son os "superanciáns" ou "superagers".
Estudando os seus cerebros, que doarán á Ciencia despois da morte, pódese descubrir como manter un cerebro mozo e realizar avances no estudo de enfermidades como o alzheimer. A que é debido que estas persoas posúan este cerebro? Está marcado nos xenes?

FONTES:

O primeiro ciborg reconocido por un goberno



Neil Harbbison naceu con acromatopsia, só podía ver en branco e negro. Como estudaba música sabía que cada cor estaba relacionado cunha nota musical e coa axuda de Adam Montadon; quen creou o software que lle permitiu escoitar as cores, creou un eyerborg, un aparello que está conectado á súa caluga e que leva diante da fronte. Este dispositivo permítelle escoitar as cores mediante vibracións, a través dos ósos do cranio. Con este dispositivo pode escoitar máis cores das que unha persoa pode ver. Hai xente que usa ese eyerborg temporalmente, acabaremos nun futuro usando este tipo de implantes? E se todo o mundo os usase, que pasaría con aqueles poucos que non o fixesen?

FONTES: