12 abr 2013

Animais fluorescentes

Aínda que parezan irreais, existen animais que brillan na escuridade A estes animais inxéctaselles unha proteína fluorescente verde (en inglés, GFP ‘Green Fluorescent Protein) nas súas células e ao reflectirlles luz ultravioleta ou luz azul mostran posuír luz verde. Ademais descubriuse que estas proteínas se podían asociar con outras e empregarse para descubrir curas de enfermidades como o VIH ou enfermidades ligadas o sistema nervioso, ademais de axudar a investigación contra o cancro. Actualmente só se empregan para facer experimentos, aínda que en lugares como EEUU se comercializan os famosos “GloFish” ¿A aplicación desta proteína podería danar o animal? ¿Empregando esta proteína para a cura de enfermidades, cos anos poderíamos ter trazos fluorescentes?

Fontes:
 http://www.teknologeek.com/2009/05/19/animales-fluorescentes-peces-gatos-perros-cerdos-changos-etc/

Nin axudas nin exercicio, a solución para adelgazar podería ser un antialérxico!


Durante anos lévanse probando millóns e millóns de dietas para conseguir a mellor forma de adelgazar, aínda que a maioría sen éxito. Nunha investigación realizada polo Instituto de Ciencias da Vida, na Universidade de Michigan, descubriuse que existe un medicamento que pode axudar a combater a obesidade, ademais da diabete e a graxa que se acumula no fígado. Trátase de Amlexanox, un medicamento que actúa como antialérxico e antinflamatorio. Ata agora só se empregou para o tratamento de alerxias, aínda que, tras varias probas en ratos obesos descubriuse que produce perda de peso e a diminución do fígado graxo. Aínda que polo de agora faltan probas para descubrir se o tratamento funciona tamén en humanos. ¿Será unha solución ou ao acabar o tratamento recuperarás máis peso do que perdiches? 

Fonte:

Un primate que se te morde te mata


Aparece en Borneo un tipo de primate, N. Kayan, que pode matar só cunha mordedura súa. Este é un tipo de preguiceiro (en castelán perezoso) máis ben parecido a un lémure. Ata agora nunca se soubo nada da súa existencia debido a que é un animal nocturno e non deixaba ningunha pegada. Este animal contén unhas glándulas tóxicas nos seus cóbados, que empregan para defender as súas crías dos depredadores, ao lambelos mesturan esas toxinas coas glándulas salivares e por iso ao morder provocan a morte. ¿Poderíase empregar con fins farmacéuticos?

Fonte:

O veneno dunha serpe podería substituír a morfina

O veneno dunha das serpes máis mortíferas que existen, a mamba negra podería substituír a morfina. O veneno dunha destas serpes, que podería matar a un home en menos de media hora, contén dúas proteínas que fan que sexa posible soportar a dor, tal e como o fai a morfina. Fixéronse unhas probas con ratóns e os que levaban inxectadas esas proteínas soportaban mellor a auga quente que os que non as tiñan. ¿Aplicando maior cantidade poderíase empregar como anestesia local?

Fonte:






8 abr 2013

Como lle explico isto a un extraterrestre

Nunca pensou ninguén que non era capaz de explicar algo? Neste libro atopamos resposta a moitas cuestións que nos fixemos un día e nunca paramos a intentar respondernos.