18 dic 2011

O Clan do Oso Cavernario.

Ayla é unha nena Cro-Magnon de 5 anos que queda soa no mundo tras o terremoto que fixo perecer a toda a sua tribo. Tras o suceso, vese obrigada a vagar soa, inexperta e indefensa polos bosques na procura de alguén que a recolla e lle dea covixo. Durante a súa procura, vese exposta a moitos perigos como as zarpas dun gran león cavernario, a deshidratación e innanición prolongadas. A piques xa de morrer, un grupo de Neanderthais atópaa e adóptana. Iza, a curandeira faise cargo dela como se fose unha filla do seu porpio seo, coidándoa con agarimo e traspasándolle todos os seus coñecementos. Mog-ur, o mago e irman de Iza, ve nela unha das marcas máis poderosas dos espíritos do Clan ademais dunha desenvoltura e axilidade mental sorprendentes. Mais o resto do grupo non e capaz de ver máis alo da súa estrana apariencia. As súas cualidades, como a capacidade para falar de forma ben articulada e fluída ou a súa axiliade física, resultan tan diferentes e extraordinarias para O Clan que nunca acabaran de aceptala plenamente como unha máis.
Recomendo este maravilloso libro que vos fara pasar a moitos de vos un agradable anaco(longo, pois o libro dá para rato) na compaña de Ayla, a cal lle colleredes moi pronto un especial afecto.