22 oct 2014

Reiki

O reiki é unha práctica considerada como pseudomediciña complementaria e alternativa, que afirma acadar a cura ou equilibro do paciente por medio da imposición das mans do practicante, tanto en enfermedades físicas como psicolóxicas, canalizando certa "enerxía vital universal". Na actualidade faise uso desta terapia nunha minoría de hospitais.
Como é posible que aínda considerándose pseudociencia se empregue nalgúns hospitais? Tal vez teñamos máis poder de curación nós ca mente  que a propia mediciña?

Fonte: http://es.wikipedia.org/wiki/Reiki

Cristaloterapia

A cristaloterapia é unha forma de pseudociencia que se basa no uso de cristais para regular o estado enerxético das persoas ó actuar sobre os seus chakras (centros de enerxía que se sitúan en distintos puntos do corpo). A curación consiste en teoría na eliminación de bloqueos no campo electromagnético do corpo. Pero só se considera que ten efecto placebo.
E se nos deitamos sobre un campo repleto de pedras estaríamos recurrindo a esta terapia sen darnos de conta?

Fontes: http://susurrosdelalmaparadespertar.blogspot.com.es/p/cristaloterapia.html , http://es.wikipedia.org/wiki/Cristaloterapia

21 oct 2014

Meigas

A figura da meiga está moi arraigada na tradición popular da nosa terra. Chamámoslle meiga a aquela persoa con poderes extraordinarios ou máxicos que pode facer pactos co demo. Á diferencia das bruxas, as meigas tamén son coñecidas como curandeiras e videntes, ás cales adoita ir a xente para eliminar o mal de ollo. Estas ademais venden amuletos ou obxectos que protexen, curan ou dan sorte.
Pero... Está cientificamente demostrado que o mal de ollo exista? Ou que algún tipo de obxecto nos poida protexer? Hai persoas capaces de facernos dano tan só co poder da mente?

Fontes: http://www.foro.meigasgalicia.com/viewtopic.php?f=4&t=11119 , http://www.turismoenxebre.com/2009/03/meigas-habelas-hailas.html

¿ Como le explico esto a un extraterrestre?


20 oct 2014

Meteorito ou nave extraterrestre?



No blog cuxo enlace está abaixo, infórmannos de que o meteorito que caeu en Rusia, concretamente na cidade de Cheliabinsk, non era un meteorito, senón una nave extraterrestre que incursionou na Terra, despois de ser destruída polos Skorpii, unha presunta raza extraterrestre que lles atacou.
Pódese considerar científica a información, tendo en conta que non teñen ningunha proba do que están falando? Se foran as imaxes certas, por que sempre so se poden observar luces no ceo sen ningunha precisión acerca de se son naves, luces ou estrelas?

fonte: http://tabloidenoticias.wordpress.com/2013/02/18/no-fue-un-meteorito-lo-que-exploto-en-rusia-nave-alien-derribada/ 

Creación do universo

As teorías do 'deseño intelixente' defenden que o universo foi creado por un 'ser superior', que viviría existindo dende antes que este. 
Entre elas podemos atopar unha, coñecida pola maioría de nós, a da Creación do mundo por Deus. Aínda que esta sexa unha das máis aceptadas entre as teorías do 'deseño intelixente', un grupo de estudantes non estaba de acordo con que Deus fose o ser que creou o universo, que eles creían creado polo Monstruo Espaguetti Voador; a súa teoría ten hoxe en día bastantes seguidores, os pastafaris, que teñen incluso un evanxeo.
Foi o universo creado por Deus ou foi o Monstruo Espaguetti Voador o creador? Serán certas algunhas destas teorías ou simplemente temos que crer nelas por fe?
Fonte: http://www.absurddiari.com/s/llegir.php?llegir=llegir&ref=7671
Foto: http://www.miguelgarciavega.com/wp-content/uploads/2012/12/monstruo-de-espagueti-volador.jpg

"Paladear con el cerebro"


Por que  sempre hai sitio para o postre? Pódeste alimentar só co cheiro unha comida? Eres un supergustador? Comemos mais cando estamos en compaña? Pódenos apetecer comer un alimento que odiamos? Se vísemos todo de cor gris, teriamos apetito?

As respostas a estas e a outras moitas preguntas podes atopalas no libro: “Paladear con el cerebro” Recoméndovolo .

Laika

Laika foi o 1º ser vivo en subir ó espazo na nave Sputnik II.
A súa morte foi ocultada durante anos, pero xa saíron á luz as desastrosas causas: esta "astronauta" morreu ás 5h de despegar debido a un fallo técnico que elevou a temperatura da cabina ata os 40ºC  ó expandirse o calor dun dos motores. Ademáis do sobrequentamento sufríu estrés, pois as súas pulsacións multiplicáronse por 30 na viaxe.
Realmente valeu a pena mandar á morte a Laika? Por qué non mandar a un ser humano que poida decidir en vez de mandar a unha cadela inofensa?

    

19 oct 2014

La vida en el Universo

Probablemente, de feito, e como nos contan neste libro, é probable que pronto atopemos rastros dela moi preto de nós. Aviso de que non é un libro para todos os públicos. Algo de Física e outra pizca de Química poden complicarnos algúns momentos da lectura pero o conxunto merece a pena.