20 oct 2012

O universo é un burato negro bebé





Un burato negro defínese como unha rexión finita do espazo en cuxo interior existe unha concentración de masa o suficientemente elevada para xerar un campo gravitatorio tal que ningunha partícula material, nin sequera a luz, pode escapar dela.
Cando a materia é levada ao interior dun burato negro, vólvese tan densa, que o burato pode expulsala e formar un universo desa mesma materia. Noutras palabras: un universo con moitos buratos negros pudo crear moitos universos bebés.

Aínda non podemos detectar con exactitude onde están localizados os buratos no noso universo (aínda que podemos aproximalo) pero eso podería ser porque somos un universo bebé, o producto dun burato negro de outro universo con medios insuficientes.
Esta idea tamén sostén a posibilidade do multiuniverso donde podería haber unha cantidade infinita de universos.

Agora pregunto: se poidéramos saber en que lugar exacto están os buratos negros, poderiamos saber se existen outros universos?


Fontes

15 oct 2012

A falsa medida do home

Unha das obras máis interesantes do gran divulgador científico Stephen Jay Gould. Como case sempre o autor profundiza no fundamento científico das grandes polémicas sociais en EEUU. Existe fundamento científico que xustifique a maior intelixencia dun grupo pola súa procedencia? Que mide o CI? Pódese medir a intelixencia?
Este libro é unha interesante revisión das incongruencias das ideas racistas dende unha perspectiva científica.