21 dic 2013

Exemplo de entrada para a 2ª Avaliación

Xa levamos tres meses discutindo sobre ciencia e pseudociencia, e a cousa parece non ter fin. Cada día xorden novos temas: é un timo a vacina da gripe? debe a homeopatía incluírse na Seguridade Social?... en quen confiamos?
Hai que analizar cada caso. Por exemplo, nestas viñetas, cal destes dous científicos matén unha actitude científica?
E non poño fonte porque a entrada saiu da miña cabeciña que non para.

18 dic 2013

METEORITOS

Recoméndolle este libro a alguén que teña un certo coñecemento sobre os meteoritos, porque trata cuestións mui curiosas sobre eles. Como poden ser a súa orixen as súas edades ou como chegan ao noso planeta.
Este libro non é recomendable para persoas que non teñan ningún tipo de interés sobre a astronomía nin o estudo de meteoritos, xa que os temas a tratar lle resultarían un pouco aburridos.

15 dic 2013

O universo para curiosos

Cando son as choivas de estrelas? Pois tedes unha moi pronto. Esta e outras moitas cuestións nun libro que merece ser regalado.