14 jun 2013

Unha impresora 3D fabrica unha tráquea que salva a un neno.


Un neno,que agora conta con 20 meses,naceu afectado polo colapso da tráquea.As posibilidades de sobrevivir eran case nulas, ata que lle suxeriron aos pais a posibilidade dunha cirurxía experimental, que consistía na implatanción dun soporte traqueal feito dun biopolímero chamado policaprolactona. Este soporte traqueal disolvérase arredor dos tres anos,que é tempo que lle leva á traquea rexenerarse. Podérase nun futuro non moi lonxano crear órganos artificias,como un corazón?


13 jun 2013

O virus moquillo canino un perigo para os felinos

Algunhas das máis raras especies de felinos do mundo enfróntanse a unha ameaza letal producida por un virus que transmiten os cans domésticos. Este virus chamado o virus do moquillo canino, é un parente cercan do virus do sarampión , e foi descrito por primeira vez a principios do século 20. Polo de agora só se deron sobre 3 ou 4 casos deste virus en felinos pero o profesor Lewis, director de veterinarios da Fauna Internacional, pensa que pode haber moitos máis casos aínda sen detectar. Unha das consecuencias que se observa nos tigres infectados é que perden o medo aos cazadores furtivos pero tamén sofren problemas respiratorios como neumonía.
Os tigres máis afectados por estes mosquitos son os que se atopan en Sumatra, dos cales só quedan setecentos exemplares. Atoparemonos ante unha nova especie en perigo de extinción? Este virus provocará unha epidemia pouco a pouco? Poderá chegar a infectar a especie humana?

FONTES:
http://www.bbc.co.uk/news/science-environment-22812914
http://www.periodistadigital.com/ciencia/mundo-animal/2013/06/11/el-virus-de-los-perros-que-amenaza-a-los-grandes-felinos-del-planeta.shtml

Clonación de células nai embrionarias.


Este descubrimento foi publicado na revista Cell e é o primeiro caso real que se coñece despois do falso anuncio do científico coreano Hwang.
Neste caso, as células empregaríanse para realizar tratamentos de enfermidades como o Parkinson, as lesións na médula espiñal, etc, e non para clonar seres humanos (o que remataría co debate ético que se levantou ao redor disto).

Este último paso segue sendo un proceso en vías de descubrimento pero, todo pode ser, ou non?

Lástima que rematou o curso


Sentíndoo moito xa non imos admitir máis entradas no correo.
Bo verán a todos.

12 jun 2013

O “lupeol ”, un posible freno para o cancro.



 O lupeol un compoñente das froitas coma o mango, a uva e as frutillas,  según un estudo realizado en Hong Kong, parece ser efectivo na eliminación e no control da expansión das células cancerosas na cabeza e o pescozo (incluíndo os cancros que se rexistran no nariz, na cavidade oral e nas glándulas salivales entre outros).

Un experimento con ratos mostrou que o lupeol funciona de maneira máis efecticva xunto con medicamentos de quimioterapia e que case non ten efectos colaterales”- Sinalaron os expertos da Universidade de Hong Kong nun informe publicado na revista “Cancer Research”.

Anthony Yuen, profesor do Departamento de Ciruxía da Universidade de Hong Kong, afirma que “o lupeol pode suprimir o movemento das células cancerosas e os seu crecemento" e recalca que "ata se atopou máis eficaz ca os medicamentos convencionais coma o cisplatino

Credes rentable o investimento en investigación para esta nova sustancia? Estaremos tan preto da cura do cancro ou non cres un avance significativo o lupeol?

Fontes: http://fundacionannavazquez.wordpress.com/2007/10/18/componente-de-las-frutas-ayudaria-a-frenar-el-cancer/ 
http://www.queciencia.com/2007/10/18/las-frutas-ayudarian-a-frenar-el-cancer/

11 jun 2013

É saudábel o uso do correo electrónico?



Que che suba o nivel de estrés e a presión, que se che acelere o ritmo cardíaco e che aumenten os niveis da hormona cortisol  significa que tes o virus do correo electrónico. E estás lendo ben xa que unha ferramenta tan utilizada coma o correo electrónico según un estudo feito pola Universidade de Loughborough en Reino Unido provoca estrés. Neste estudo onde se analizou o comportamento de 30 funcionarios comprobouse que os síntomas de estrés aumentaron máis dun 80% cando estes funcionarios usaban o correo electrónico de forma continuada e tamén que ese estrés pode chegar ao 92% se a parte de mirar o correo electrónico están falando por teléfono. 
 Pensabas que os funcionarios non se estresaban? Pois agora xa sabes que si que o fan. 
 Opinas que a tecnoloxía pode chegar a ser un retroceso para o ser humano en canto a estrés? É saudable o uso das novas tecnoloxías con tanta frecuencia como é o normal hoxe en día? É bo o correo electrónico e outras redes de comunicación aínda máis instantáneas coma o Whatssapp?

 Fonte: http://ponteenpie.lafactoriadelaradio.com/?p=2193 

IV Premio de divulgación científica Ángel Carracedo

Moitas grazas a todos pola vosa participación na cuarta edición dos premios de divulgación científica. Como moi ben comentan algunhas das participantes xa pasou a data indicada como límite para facer públicos os resultados deste curso así que imos aló.
O xurado decidiu outorgar dúas mencións aos traballos VIH, de Leticia Recarey e Tamara Lamas, e As pegadas do ADN de Sheila Cousillas.
Ánimo para a próxima edición.

10 jun 2013

Clonación de Dolly

Para clonar a Dolly fixeron falla tres ovellas (en realidade foron máis as que participaron no experimento). A unha delas estróuxoselle un óvulo fertilizado e a este o seu núcleo. A outra das ovellas quitóuselle a célula mamaria que se quería clonar para así fusionalo co óvulo sen núcleo. Tras a formación do embrión, o óvulo é implantado nunha terceira ovella, na cal se formará como un embrión normal. Finalmente sae unha ovella idéntica a que se se lle quitou a célula mamaria. ¿Tería algunha consecuencia facer o mesmo en persoas posto que Dolly morreu con 2 anos?

Fonte: http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/4ESO/Genetica2/actividad11b.htm

Teratoma

Un teratoma é un tumor formado a partir de células pluripotentes que son as únicas en mostrar habilidade de producir respostas biolóxicas. Os teratomas son tumores compostos por as tres capas embrionarias do periodo de xestación, é dicir, endoderma, mesoderma e ectoderma. Xeralmente o lugar máis habitual para que se produzan estes tumores é na ubicación gonadal (ovarios e testículos), aínda que, tamén se dan casos especiais nos que aparacen noutro órgano como os riñóns ou o corazón. Os máis usuais son pelos, dentes e ósos, aínda que en ocasións tamén se dan casos de ollos, torso e incluso mans pés. ¿Poderían afectar ao feto en caso de mulleres embarazadas e neste caso podería reconsiderarse o aborto?

Fonte:
http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/001316.htm

O mono obeso



Obesidade, hipercolesterolemia ou diabetes crecen nas sociedades desenvolvidas coma unha praga. Neste libro discútese a orixe evolutiva dalgunhas doenzas moi actuais e o peso xenético desas enfermidades.