Mostrando entradas con la etiqueta descendencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta descendencia. Mostrar todas las entradas

6 feb 2015

A orixe dos sexos.





Os organismos pódense clasificar atendendo ao seu sexo en femeninos e masculinos, sendo os primeiros os capaces de producir óvulos e os segundos os productores de esperma. Pero foi sempre así? E se non o foi cómo e cándo tivo lugar o cambio e o proceso de evolución?

13 feb 2014

O vertebrado máis antigo coñecido.

Científicos desenterraron en Canadá restos fósiles que cren que poderían axudar a entender a repentina explosión de vida animal durante o periodo Cámbrico. Un dos fósiles é o vertebrado máis primitivo coñecido e polo tanto o ancestro de todos os que existen na actualidade, incluidos os seres humanos. Descenderemos realmente deste vertebrado ou procederemos doutra liña evolutiva?
Desentierran en Canadá uno de los mayores «tesoros» fósiles del mundo

4 jun 2011

Descuberto o xenoma do porco ibérico



Un grupo de investigadores logrou descifrar parcialmente (un 1%) do xenoma do porco ibérico a través de técnicas de secuenciación de alto rendemento. O exemplar investigado foi inha femia da estirpe Guadyerbas que se caracteriza por un crecemento lento, moita grasa, e unha capa negra.

Con ese 1% do xenoma descifrado, os invstigadores esperan saber que características fan o porco ibérico tan unico, e explicar a representación do porco ibérico en Europa pois a súa liña xenética ten unha alta variabilidade. o que da unha diversidade importante desta especie en todo o continente.

Fonte: ELPAIS.ES

Nace o primeiro bebé sen unha mutación que predispón ó cancro de mama


Os pais do bebé, a cuia familia se lle diagnosticara unha mutación hereditaria de pais a fillos nun 50% dos casos, escolleron un diagnostico xenético preimplantacional tras fecundar "in vitro" nove ovocitos, dos que dous estaban sen o xen da mutación BRCA1, que pode causar cancro de mama.

Joaquim Calaf, director del Programa de Reproducción Asistida (PRA) de Puigvert-Sant Pau, dixo que pese á polémica xerada, a noticia non é o nacemento do neno, "senón que é a primeira vez que a Comisión Nacional de Reproducción Humana autorizou esta indicación en España como un procedemento de medicina preventiva".

Fonte: ELDIA.ES

27 feb 2011

Os humanos somos máis intelixentes, ou non?



Como xa vimos, a principal diferenza entre humanos e animáis(os primates, e en concreto o chimpancé, que é o noso descendente máis cercano) radica na intelixencia e na capacidade de aprender. Sóese dicir que os humanos somos máis intelixentes que os primates pero, é isto certo?

Pois ben, un grupo de antropólogos, biológicos, físicos, psicólogos e médicos realizaron un estudo no Instituto de Yerkes(Canadá) analizando o comportamento de 50 macacos xaponeses. Para realizar o estudo, os investigadores dividiron aos xóvenes primates en 3 grupos: o primeiro baixo o coidado da súa nai, o segundo por unha enfermeira e o terceiro por un antropólogo.Os datos obtidos entre éstes tres grupos son os seguintes:

- Os primares que menos aprenderon son os que estaban sendo educados pola sua nai, xa que ésta mostra pouco interés en ensinarlle.

- Pódese constatar que, se son adestrados, os primates son capaces de comunicarse perfectamente por medio duna máquina de escribir ou un ordenador.

Tras comparar a capacidade de aprendizaxe de un neno e un chimpancé recen nacidos, os científicos comprobaron que o mono aprende máis rápido que o bebé; pero que o proceso de aprendizaje do mono detense aos tres anos de vida, mentres que o neno segue aprendendo ao longo de toda a súa vida.

Outra similitude é que entre humanos e chimpancés temos comportamentos moi parecidos á hora de falar dos seus conflitos, principalmente pola búsqueda de alimentos e a conquista das femias.

Por último compre mencionar que os chimpancés teñen a tendencia de apollarse, aliarse, consolarse e defender o seu estátus de forma moi similar á dos humanos.

Tras esta reflexión:somos os humanos igual, mais ou menos intelixentes que os primates? A evolución que existe entre ambos é soamente física ou tamén psicolóxica?