27 feb 2011

Os dados do reloxeiro


"Os dados do reloxeiro" é un libro escrito por Xurxo Mariño Alfonso.
Trata de explicar temas científicos, con unha linguaxe cotiá e un vocabulario ao alcance de todos.

O libro está dividido en cinco bloques científicos, como poden ser a ecoloxía, a cosmoloxía, a tecnoloxía, a evolución do home... que á súa vez, están divididos en artigos que falan de feitos concretos.

O artigo que mais me gustou foi o de "Para comezar, un bico", porque me pareceu moi curioso iso de que coller as cousas cunha determinada man, ou a tendencia a xirar a cabeza cara un lado ou cara o outro xa se faga presente durante o embarazo. E é certo iso de que a xente que usa a man dereita tende a xirar a cabeza cara dereita, e a xente zurda xíraa cara ó lado esquerdo.


O bloque mais intesetante para min foi " O medio natural e Nós, matrimonio de conveniencia" (ecoloxía), porque che fai ver que un tratamento che pode curar unha enfermidade pero, utilizandoo en exceso, pode chegar a matarte; que todos os antibióticos que tomamos os mexamos e acaban contaminando as augas... inda que me parece un pouco estúpido iso de poñerlle multas os granxeiros porque as súas vacas fagan moito as súas necesidades, vale que contaminen, pero pobres... non se poden aguantar.


O bloque que menos me gustou foi o de "Enigmas do infinitamente grande e pequeno" (física, cosmoloxía), simplemente porque non o entendin, o autor ó estar especializado en este tema, explícase tanto e dá tantos detalles que non podes comprendelos todos, polo que acabas de ler o artigo sen enterarte de nada, non digo que non sexa un tema interesante pero podía facelo un pouco mais lixeiro.


En xeral, o libro gústoume bastante, é sinxelo de ler e ten cousas moi interesantes que che chocan bastante.



Uxía V.F. 1ºC

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?