27 feb 2011

Transmítense mais xérmenes dando a man que bicando.


Os xérmenes son pequenos microorganismos que temos no corpo, que poden ocasionar enfermidades. Hai catro tipos, bacterias (que poden producir caries, dor de oído...), virus (que pode causar gripe,baricela...), fungos (erupcións na pel) e protozoos ( que poden causar dores de barriga,náuseas...).

Os xérmenes invaden o noso corpo, quitannos os nutrintes e a enerxía e prodúcennos toxinas, as cales nos poden dar mareos, vómitos..

Estes pequenos bichos transmítense polo aire cos estornudos, a tos ou incluso a respiración. Inda que tamén se propagan polo sangue, pola súor ou pola saliva. Simplemente con tocar algo que está contaminado ou darlle a man a alguén que está resfriado, xa podes collelos.

As formas mais comúns de evitalos son usar panos de papel, lavar as mans despois de tocar algo ou poñer a man na boca ao estornudar.

A súa principal vía de transmisión non é o aire, como moita xente cre, se non as mans, xa que moitos destes microorganismos sobreviven en determinadas zonas da casa como os pomos, as portas das neveiras.. polo que a maioría deles que podemos coller viven con nós, día a día.



Uxía V.F 1ºC

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?