Hace 3 horas
27 feb 2011
Pensábades que un meteorito extinguira ós dinosaurios?
Uns investigadores afirman que se atopou un segundo impacto en Ucraína a maiores do que se atopou no Golfo de México. Afirman que estes dous impactos foron realmente os que extinguiron aos dinosaurios fai millóns de anos. Tamén sacaron a conclusión de que a Terra fora bombardeada por unha choiva deles. Actualmente os científicos pensan que a choiva de meteoritos foi producida pola colisión de obxectos próximos a Terra, a NASA lanzou un programa con obxetivo de vixialos para estar alerta.
Credes que paga a pena gastar diñeiro en vixialo ? Eu creo que sí paga a pena, porque poderemos ter moitos intereses persoais, a nivel mundial, moitos avances que tamén serían importantes... Pero a cousa está en que se non estamos a alerta disto, e realmente volve a suceder sen nós poder facer nada para evitalo ou por salvarnos, morreríamos todos e non servirían de nada os avances realizados, non?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Pois visto como no lo plantea Pablo pois supoño que se debería financiar, e en parte douche a razón. Pero non crees que tamén temos que pensar nos problemas co que nos atopamos no presente e non con algo que nin sabemos que vai pasar. Hai xente morrendo de cancro, SIDA, etc, non deberiamos pensar en solucionar iso antes?
ResponderEliminarE non só iso, cantos nenos e non só nenos morren ó ano de fame, enfermidades que collen pola falta de hixiene e de sanididade?
Que é o prioritario?
Está claro que ten máis prioridade investir na vixilancia deses impactos. Porque vale, que si tes razón Haizea en que hai moitos nenos morrendo de fame, hai moitas enfermiades, etc. Pero se un impacto deses meteoritos cae cara nós, e causa danos? Podería morrer xente, como morreron os dinosaurios. E que é mellor que morran centos de persoas ou que morra a especie humana enteira? Soa macabro, pero eu vexoo así.
ResponderEliminar