27 feb 2011

Porque se extinguiu o" dentes de sable"?











Esta e unha pregunta que se fan moitos cientificos xa que era un animal cunhas caracteristicas idoneas para as condicions nas que vivia.O "dentes de sable" recibe o nome de Machairodus pertencia a familia dos macairodontinos, era un animal do tamaño dun leon actual pero habia grandes diferenzas entre eles ,o " dentes de sable" tiña as patas dianteiras mais grandes que as traseiras parecido a como as teñen as hienas actuais , a espalda era mais corta e a cola era mui curta similar a do lince actual ,pero sen dubida o que mais destacaba deste animal eran os seus impresionantes colmillos dun gran tamaño e que non se atopan en ningunha especie actual .Os colmillos deste animal supuxeron un gran debate para os cientificos xa que nun primeiro momento supuxeron que os utilizaban para cazar apuñalando a presas de pel moi dura como o rinoceronte pero esta hipotese pronto perdeu forza xa que se descubriu que os colmillos eran demasiado fraxiles para soportar este emprego durante un periodo longo de tempo , polo que se pensa que o "dentes de sable" cazaba propiciando un corte as suas presas normalmente no cuello provovandolles unha hemorraxia e logo esperaba a que morreran.Os cientificos pensan que a diminución do tamaño dos animais terrestres puido frear a súa evolución e levalo a extinción, sendo esta a principal explicación a súa desaparición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?