A fibromialxia non se recoñece como unha enfermidade, se non como un síndrome, un conxunto de síntomas que resulta difícil detectala. Chega a diagnosticarse polas molestias que se sofre a raíz dunha dor nos músculos e tendóns, tamén pode aparecer síntomas como: fatiga extrema, dores de cabeza ou alteracións na concentración. Non ten cura, pero existen tratamentos para mellorar a dor e tratar os síntomas, deben de basearse: no coñecemento da enfermidade, tratamento farmacolóxico e exercicio físico. O pronóstico que ten é que as persoas que o padecen é probable que continúen sufrindo dores pero nun 30-40% dos casos diminúe debido os tratamentos. Pola contra os sobre-esforzos físicos, cambios climáticos ou estados de ansiedade poden supoñer a reagudización.
Tendo en conta que isto o padece o 3% da poboación, as empresas investigadoras estarán dispostas a investir parte do seu capital por esa porcentaxe?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿Estás seguro de que queres comentar?