Nos alimentos forneados e fritidos están presentes dous compostos canceríxenos (acrilamida e hidroximetilfurfural) que preocupan ás entidades que velan pola seguridade alimentaria.
Pois ben, un grupo de científicos españois patentou un produto que reduce case por completo estes compostos. Este produto é invisible e non altera nin o sabor nin o olor dos alimentos e está formado por unha mestura de auga e outros produtos naturais, así como a fibra ou os antioxidantes. Para utilizalo só o hai que aplicar na superficie dos alimentos antes de cociñalos.
Xa que se está patentando, pronto será comercializado. Estaríades dispostos a mercalo?
Claro que se compraba.Sería un gran avance a comercialización do produto. Aínda que o cancro non o tes só por comer os alimentos que teñan acrilamida e hidroximetilfurfural.... pero sería un pasiño máis.Cada vez hai máis solucións para intentar frear a primeira causa de mortalidade a nivel mundial según a OMS, frear o cancro.
ResponderEliminarMyre 1ºD