1 jun 2011

El cuerpo como delito.



É un libro de denuncia social de hábitos que poden ter efectos devastadores nos individuos e nas súas familias escrito por Josep Toro.
Está dedicado ao análise de diversos factores patolóxicos "psicoalimentarios" como son a anorexia e a bulimia, ambas trastornos do comportamento alimentario que se detectan na maioría dos casos en adolescentes e no xénero feminino e son asociadas moitas veces con depresión. Ademais, fai un amplo recorrido sobre montóns de temas relacionados cos trastornos alimentarios.
Gustoume moito e pareceume moi interesante, xa que me fixo coñecer un pouco máis algún temas que están tan presentes na actualidade. Sorprendeume moito o que inflúe a relixión nisto, xa que, sendo coñecedora delo, non me esperaba que fose tanto o seu poder. Tamén me chamaron a atención as leis de Illinois, as cales se dictaron en defensa da "honestidade feminina" e nas que se lle prohiben cousas ás mulleres como levar prendas cuxo borde, estando ela de pé, se levante máis de quince centímetros sobre o chan, poñer vestidos que marquen dun modo sensual as líneas do corpo feminino, ir de manga corta e con escote...
Credes que estas leis defenden "a honestidade feminina" ou atentan á liberdade da muller?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?