As persoas temos unha gran característica que é a de chorar ao igual que os animais. Pero as bágoas dunha persoa e dun animal non son iguais. As persoas temos tres tipos de bágoas diferentes, con diferente composición química e con máis ou menos contido salino:
· Lubricantes: son aquelas que vertemos ao parpadear e que se derraman sobre o ollo.
· Defender o ollo: son aquelas que o ollo segrega no momento no que un axente externo o irrita. Ex, cando cortamos cebola.
· Emocionales: son aquelas que realmente nos fan sentir únicos no reino animal. Éstas teñen unha composición máis complexa e vertémolas dependendo dos diferentes estados de ánimos.
No caso dos animais, algúns verten as bágoas debido a que os seus ollos precisan que estean húmedos unha vez que estean fóra da auga. Ademáis, poseen unhas glándulas que teñen a función de eliminar sal que teñen nos riñóns tras ser adquirida por comer algo ou tragar auga.
¿ E daquela, deberiamos usalos igual para experimentos?¿E se a unha cadela, por exemplo, lle atropellan ou matan a súa cría, non sentiría tristeza e non choraría?
http://www.youtube.com/watch?v=HyjgPP_9gqQ&feature=fvsr
Eu opino que, como os humanos e alguns animais (os chimpances) procedemos dun antepasado común, podería ser que tamén tivesemos en común o poder de percibir os estímulos do noso entorno e que o corpo respondera con diferentes xesto,s como pode ser expulsando un líquido polos ollos.
ResponderEliminarPero tamén é verdade que tras o longo proceso de evolución, os humanos foronse adaptando ao hábitat e a cultura que adquiriron tamén interviu moito nas súas formas de vida, se modo que é probable que os animais, a diferenza de nos, non teñan esa capacidade de expresar os seus sentimentos, xa que nos podemos facelo porque dende sempre a nosa cultura e a nosa sociedade nos ensinaron a facelo así.
Noelia Lema Regueira, 1º Bac. A