skip to main |
skip to sidebar
Adicción ao xogo nos xenes?
Un estudio realizado sobre xemelgos en Australia parece que nos leva a que a adicción aos xogos de azar é case exclusivamente xenética xa que se fixo un estudo sobre 4.000 xemelgos e na maioría cumpliase que xogaban os dous ou que se un xogaba o outro sería propenso a facelo.Neste estudo tamén saltaba a vista que se cumplia con máis seguridade nos homes que nas mulleres.
Creedes que este estudo é razoable ou pensades que por ser xemelogos os gustos dun poden atraer ao seu irmán sen involucrar os seus xenes?
Eu opino que os gustos de cada xemelgo non veñen dados, simplemente, polos seus xenes, senon que dependen, sobretodo, da sociedade na que vivan e de como se adapten a ela dende pequenos.
ResponderEliminarIso de que a adicción vai ligada ós xenes ten moito que cuestionar. Pois a maioría destas características das personas son determinadas polo ambiente ou pola sociedade na que se crían, niso estou dacordo con Noelia. Só engadiría que a explicación a que dous xemelgos teñan a mesma adicción é sinxela, foron criados no mesmo ambiente. E a diferencia entre home e muller, tampouco é moi difícil, a muller sempre foi máis restrinxida pola sociedade a realizar actividades deste tipo.
ResponderEliminarPablo Rodríguez Doldán 1ºB