23 feb 2011

WALL-E


A película de Wall-e refléxanos un futuro marcado pola influencia tecnolóxica ata o punto de ridiculizar ás persoas. A evolución que levan os seres humanos está encamiñada, segundo a película, a vivir nunha “cadeira de rodas” sen poder movernos debido ó sobrepeso que collemos, xa que as máquinas nos dán todo feito. Así deixamos de empregar as facultades que posuímos dende camiñar ata o simple feito de pensar. Serían esaxeradas as consecuencias dunha sociedade tan tecnolóxica no ámbito da evolución?

3 comentarios:

  1. Eu creo que non serían tan esaxeradas en todos os ámbitos.
    Por exemplo, se as máquinas farían todo por nos teríamos problemas.Por exemplo, no traballo,como xa pasou fai anos,as máquinas substituían ós homes, era o que se coñecía como ludismo; pero os homes reivindicáronse porque quedaban sen traballo e no paro.
    Pero por outro lado,as máquinas tráenos a comodidade. E se o poden facer elas,para que o imos facer nos,pensará algunha xente.
    Myre 1ºD

    ResponderEliminar
  2. Dende o meu punto de vista, si sería perxudicial que unha sociedade altamente tecnificada nos dera todo feito. Unha das características que temos os seres humanos, a diferenza dos animais, é que nacemos sen nada aprendido, senón que temos que ir aprendendoo ao longo da nosa vida mediante un longo proceso de aprendizaxe. Se se cumprira o que se reflexa na película, non avanzaríamos, xa que as máquinas fan todo por nos.
    A min ocorréuseme outro interrogante: Que sería da evolución se chegaramos ao punto no que tedos fósemos uns "robots" que non avanzamos máis? desaparecería? Eu penso que claramente que si.

    ResponderEliminar
  3. Penso que sería moi difícil chegar ao punto no que non avancemos, do que fala María. Sempre hai algo que mellorar e no que se poda evolucionar. Tamén é certo que na actualidade, máis que unha evolución física, dase unha evolución cultural. E en parte, estamos estancados, quizáis tamén polas facilidades que nos aporta o avance tecnolóxico mencionado.
    Dina Souto, 1ºC.

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?