26 feb 2011

Simpson




Debido a crenzas relixiosas, podemos estar influenciados e crer que as teorías sobre a evolución non son do todo coherentes e certas. Por moitas probas que se aporten, sempre hai alguén que contrapoñerá a teoría da evolución coa teoría do creacionismo. Como ben se ve reflexado no capítulo dos simpson, no libro de Darwin apórtanse probas máis que suficientes sobre a teoría da evolución pero, como xa dixen, sempre hai escépticos cunha perspectiva máis espiritual, é dicir, non só apoian o creacionismo senón que están seguros de que a evolución propiamente dita non existe. En que criterio se basan eles?

2 comentarios:

  1. O creacionismo é unha doutrina que se basa nisto:
    - Deus creou o Universo, a Terra e os seres que a habitan nun acto milagroso fai uns 6 mil anos.

    Myre 1ºD

    ResponderEliminar
  2. Como ben dixo a nosa compañeira, todas as persoas que contradín a teoría sobre a evolución son escépticos. Estes poden adoptar dúas posturas: ou ben non a aceptan porque as súas creenzas(relixiosas, por exemplo) non llo permiten, ou ben porque aceptar ditas teorías sería, para moitos, ir en contra do sentido común.
    Está claro que os criterios nos que se basan son totalmente pseudocientíficos, xa que as probas atopadas que fan certa dita teoría son múltiples e teñen carácter científico (fósiles,estudos realizados antigamente, comparación do mesmo órgano en distintos animais, etc)

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?