21 feb 2011

A intelixencia dos homínidos.


Seguro que algunha vez se vos ocorreu ir pisando pegadas que alguén deixou na area; pois que saibades que non sodes nada orixinais, eso xa o facían os primeiros homínidos bípedos (australopithechus afarensis), tal e como desmostraron os restos atopados en Tanzania. Pero a pergunta é: cómo unhas pegadas que se deixaron fai 3.6 millóns de anos se poden conservar na actualidade? A resposta está na xeoloxía: o volcán Sadimán entra en erupción,chove (as cenizas molladas son similares ó cemento fresco), os homínidos pasan por alí, brilla o sol, secánse as pegadas... e así estiveron ata que en 1978 foron descubertas. O problema agora é que estas pegadas se están deteriorando e aínda o goberno de Tanzania dí que quere facer un parque para poder visitar estes restos. Cál sería o mellor método para conservalas?

1 comentario:

  1. Penso que un bo método para conservalas sería impedir que non se mollasen para que así puideses seguir como están agora aínda que xa estean un pouco deterioradas.
    Tamén se debería impedir que a xente estivese preto delas porque pode pegarsele po,por exemplo que as deterioraría.
    Xulia Añón Caamaño 1ºA

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?