As operacións estéticas que se realizan na actualidade como: rinoplastias, liposucción, aumento de peito, reducións de abdome … teñen consecuencias moi negativas para a nosa saúde. Como podemos chegar a morrer nun quirófano? Como somos tan inconscientes de non mirar pola nosa saúde e asesorarnos antes de operarnos? Esa é a verdadeira realidade de onde está o límite, se é máis importante a nosa imaxe física ou a nosa saúde.
Hace 14 horas
Segundo o meu punto de vista as operacións estéticas ou aplicar bótox, fan que as persoas perdan a naturalidade en moitos dos acontecementos do día o día, como pode ser, o simple feito de rir, e case non poder facelo xa que o bótox o que fai e paralizar os músculos. Eu penso que moitas veces a xente non se da realmente conta do que están facendo ata o momento no que o fan,como lle ocorreu a Nicole Kidman xa que di estar arrepentida de someterse a inxectar bótox.
ResponderEliminarDeixovos aquí un artigo da Voz onde fala a Rosa Domínguez, presidenta da Asociación Galega de Medicina estética:
http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/01/23/0003_201101G23P37995.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
Estou en contra das operacións estéticas non precisas. Quero dicir, nalgúns casos son xustificables, por exemplo, tras sufrir un accidente no cal se produza unha deformación do rostro.
ResponderEliminarNon logro entender como hai persoas que arriscan a súa propia vida por un nariz ou uns beizos máis "bonitos". Intento crer que a definición que eles atopan no diccionario de dita palabra, non é a mesma que a que eu atopo. Faces inexpresivas, nalgas que tarde ou cedo, serán desafiadas pola lei da gravidade, dunha forma cruelmente artificial; peitos a altura do pescozo, e ben grandes, para que non poidas ver onde pisas. E todo isto, polo módico prezo da túa saúde e un pequeno importe económico. Agora é cando digo: "bonita" sociedade na que vivimos.
Dina Souto 1ºC.