4 oct 2011

Posible presenza de auga salgada en Marte


A NASA anunciou o descubrimento de manchas superficiais nas ladeiras de Marte que pode ser formada por auga salgada, abrindo de novo a posibilidade de atopar vida en Marte. O descubrimento foi feito a través da análise dunha serie de imaxes obtidas pola sonda MRO, que explora o planeta vermello dende 2006. Isto non son probas concluíntes de que haxa auga en estado líquido activo na superficie do planeta, aínda que foi detectada auga conxelada preto da superficie. Con estas probas estamos mais cerca da vida noutro planeta? Cres que somos os únicos habitantes do sistema solar?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?