23 nov 2011

Un océano de hidrocarburos


Titán, a lúa laranxa e brumosa de Saturno, posúe centos de veces a cantidade de hidrocarburos que posúe a Terra. Estes forman océanos, lagoas e ríos na superficie, bastaría dragalos para obtelos e refinalos, o único problema: están lonxe, a millóns de kilómetros e a súa explotación é extremadamente custosa; para cando se abarate o voo espacial é probable que os hidrocarburos perdan a súa importancia ao existir novas fontes de enerxía.

Según un estudio liderado por Ralph Lorenz, membro do equipo de radar da sonda Cassini do Applied Physics Laboratory do Johns Hopkins University , Titán é unha fábrica xigante de químicos orgánicos, baixo temperaturas de 179ºC, os hidrocarburos, como metano e etano, forman océanos líquidos. Con 20% da superficie explorada pola sonda Cassini, descubríronse centos de lagos e mares cubertos de hidrocarburos líquidos, ademais as dunas escuras ao longo do ecuador poderían conter materiais carboníceos máis vastos que todas as reservas de carbón da Terra. Según unha estimación, o total de hidrocarburos bastaría para dar enerxía a Estados Unidos durante 300 años.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?