4 oct 2011

Hubble descobre a cuarta lúa de Plutón


O Telescopio Espacial Hubble descubriu por casualidade unha nova lúa en torno a Plutón ao facer observacións en busca de aneis do planeta anano. Cun diámetro estimado de 13 a 34 km, o novo satélite, que será coñecido temporalmente como P4, é a menor das catro lúas descobertas en torno a Plutón ate o momento. A lúa nova esta entre as órbitas de Nix e Hydra, que tamén foron descubertas por Hubble no 2005. Os científicos creen que o sistema de lúas formouse nun choque entre Plutón e outro corpo planetario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?