A pesar das apariencias, os burros son tan intelixentes como os demáis équidos. A súa resistencia para realizar diversas tarefas pode ser interpretada máis ben como un signo de independencia e terquedade que de torpeza. Á fin e ó cabo, fan fronte na natureza ós mesmos retos cós seus curmáns, os cabalos, e a capacidade cerebral de ambos é similar en relación co seu tamaño corporal. Nalgunhas circunstancias, con todo, os asnos compórtanse dun modo máis intelixente cós cabalos: estes son propensos a sufrir ataques de pánico e botan a correr en estampida, o que pode resultar perigoso. Os burros son máis flemáticos e analizan detidamente a situación ata decidir a resposta máis adecuada. Ademáis, desenvolveron unha estreita relación cos seres humanos e poden ata ler os seus estados de ánimo na súa expresión.
Despois de ler isto, fágome unha pregunta: ¿Por que ás persoas máis torpes ou menos intelixentes lles chamamos burros?¿Por que non chamarlles cabalos? Polo que acabamos de ler, os burros analizan máis as situacións cós seus curmáns os cabalos.
Despois de ler isto, fágome unha pregunta: ¿Por que ás persoas máis torpes ou menos intelixentes lles chamamos burros?¿Por que non chamarlles cabalos? Polo que acabamos de ler, os burros analizan máis as situacións cós seus curmáns os cabalos.
Os burros teñen ese nome porque antigamente se lles chamaba así e agora segue facéndose,non ten nada que ver o significado co significante.
ResponderEliminarDe feito,os burros sempre foron moi útiles para as persoas e sempre sacaron a xente de moitos apuros,sobre todo na antigüidade,cando non había coches nin estradas,e había que ir por estreitos camiños de terra.
Xulia Añón Ca amaño 1ºA