O que non se sabía até a data é que os pitos teñen tamén esa capacidade innata para sumar e restar. Estes animais realizaron operacións de aritmética básica para pescudar ante dúas pantallas cal era a que ocultaba o maior número de obxectos coñecidos. Ao parecer, os pitos tentan estar preto dos elementos cos que se criaron, da mesma maneira que están á beira da súa nai e séguena nada máis saír do ovo. Ese instante de recoñecemento recoñécese como “sinal”. Déixalles pegada. Así, os investigadores compraron pitos de apenas unhas horas e durante dous días tivéronlles en gaiolas con varias cápsulas amarelas de ovos Kinder. Despois, ao situarlles nunha caixa con area na que había dúas pantallas lixeiramente enfrontadas e que ocultaban ditas bólas amarelas, os pitiños miraban a ambos os dous lados da pantalla, e quedaban onde había un maior número de bólas. Con outras experiencias polo estilo, lográronse tamén resultados similares, demostrando que a habilidade para sumar e restar é innata nestas aves.
¿Credes que estas pequenas aves teñen algún tipo de intelixencia ou é unha pura coincidencia? ¿Non credes que esto é algo similar ó que ocorreu co pulpo Paul no mundial, pura coincidencia ou casualidade?

Si, penso que é unha simple casualidade. Parece razoable que os pitiños, dende que nacen, estean sempre ao carón do que ven nada máis saír do ovo, pero ante dous obxectos totalmente idénticos, mentres non se demostren probas científicas, so ten indicios de ser unha casualidade.
ResponderEliminarE se esta hipótese fose certa, ¿ por que non se demostrou con máis aves? Unha das formas de verificar dita hipótese, sería, por exemplo, facendolle estas probas a outros animais.

Noelia Lema, 1ºA