30 nov 2010

Adeus ás agullas: novo método para medir a glucosa sen necesidad de extraer sangue

Os pacientes de diabetes tipo 1 poderían controlar a súa enfermidade gracias ó equipo de Espectroscopia de Raman do Laboratorio de Espectroscopia do Instituto de Massachussets, tras 15 anos de investigación. A máquina usa tecnoloxía de luz non invasora para medir os niveis de glicosa en sangue escaneando o brazo ou o dedo do paciente con infravermello preto. Grazas a un algoritmo é posible calcular os niveis de glicosa en sangue. Como toda a nova tecnoloxía, ten aínda as súas limitacións, posto que se o paciente consume glicosa ou algún produto azucrado, tomaría aproximadamente uns 10 minutos para que o novo nivel de glicosa se vira refrexado no fluído intersticial. Pero este obstáculo está sendo superado..

Opinión persoal: Penso que é un grande avance, pois, aínda que non sexa o maior descubrimento do mundo, facilitará a vida de moita xente amenizando as consecuencias dunha enfermidade, como pode ser a diabetes. Os pacientes poderán medir o seu nivel de glicosa con moita comodidade. Agora ben, haberá que ver canto costará isto, ou como o poñerán a disposición dos usuarios, de todas formas, parece un avance moi útil.

2 comentarios:

  1. Estou de acordo en que isto suporía un gran avance nesa enfermidade tan común como é a diabete, e que cada vez podemos comprobar que aumenta máis o noso arredor. Pero por outra parte, isto non chegaría a todos os diabéticos, e seguramente, habería moitos que non se poderían permitir isto, añinda que fose unha mellora para a súa enfermidade.
    A pesar de que é un gran avance, faltarialle poñelo a disposición de todos para ser totalmente productivo.

    ResponderEliminar
  2. Estou de acordo en que isto suporía un gran avance nesa enfermidade tan común como é a diabete, e que cada vez podemos comprobar que aumenta máis o noso arredor. Pero por outra parte, isto non chegaría a todos os diabéticos, e seguramente, habería moitos que non se poderían permitir isto, añinda que fose unha mellora para a súa enfermidade.
    A pesar de que é un gran avance, faltarialle poñelo a disposición de todos para ser totalmente productivo.

    Noelia lema, 1ºA

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?