30 nov 2010

O Gran colisionador de Hadróns (LHC) consigue xerar ‘big bangs’ en miniatura


O acelerador de partículas máis grande do mundo volviunos sorprender conseguindo unhas colisións con temperaturas de ata 10.000 millóns Cº, que foron definidas polos investigadores como mini big bangs. Conseguiuse cambiando os materiais que se aceleraban no gran anel subterráneo: os protóns foron substituídos por ións de plomo (átomos de plomo ós que se lle quitaron os electróns). A temperatura obtida, aínda que só dura un fugaz instante, é un millón de veces máis alta que a rexistrada no el interior do Sol. A estas temperaturas, protóns e neutróns fúndense nunha sopa quente e densa de quarks e gluóns.

Opinión persoal: É incrible que xa chegaramos a este punto da ciencia, se en tan pouco tempo podemos reproducir mini big bangs, non tardaremos en ser capaces de reproducilos a maior escala, e poder manipular mellor os elementos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?