Hace 2 horas
29 nov 2010
MEIGAS
As meigas tamén son coñecidas como curandeiras e videntes, e as xentes acuden a elas para ser curadas cos seus rescritos, ensalmos e conxuros. A pesar de que o problema do “paciente” sexa físico, elas diagnostícano como un meigallo. Son mulleres que realizan ou curan o mal de ollo pero, en realidade existe o mal de ollo? Non hai probas de que o que fagan sexa verdade, é dicir, todo o que din e fan non ten un soporte físico nin científico no que sosterse porque non hai nada que demostre que é certo. Por exemplo: os amuletos que lle entregan como unha axuda á cura, en realidade son efectivos? Non podemos verificalo. Por iso eu penso que estamos a falar de pseudociencia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Coincido contigo, e tamén penso que é pseudociencia.
ResponderEliminarÉ curioso este tema, pois incluso pode que sí teñan unha base cientifica (recordemos que os "alquimistas", coñecidos como os primeiros cientificos, foron chamados meigos) xa que recentemente oín o caso de que unha bruxa lles daba substancias estupefacientes os seus clientes durante un exorcismo, prometendo que era unha pócima, cando en realidade era unha droga que os facia alucinar, crendo eles así que as alucinacions eran visions provocadas polo exorcismo. Tamen vin esto en varios filmes,... asique mirandoo desta maneira, algunhas poden ser medio-cientificas...
Para mis as meigas son outro exemplo como o dos videntes.Todo esto está fora da realidade.O que elas dín están baseados en crenzas ou en supersticións,nada do que elas din propón ideas contrastables,polo tanto non estamos a falar de ciencia senón de pseudociencia.
ResponderEliminarEstas persoas non obrigan a xente a que vaia a elas senón que é a xente quen acode a elas para obter información sobre algo ou curar algunha doenza.O uqe fan é primeiro facerlle preguntas e despois sacar conclusións sobre as preguntas antes de dar unha resposta que sempre acertan porque o ``paciente´´ xa llo dixo antes.
Xulia Añón Caamaño 1ºA
Eu tamén estou de acordo en que se trata de pseudociencia, xa que as meigas ou as bruxas tan so son unha crenza, non podemos fiarnos aínda que, aparentemente, vexamos que eses meigallos funcionan, porque, ¿ quen nos asegura que non é froito dunha simple casualidade? ¿ ou que todo estaba amañado para que o suposto paciente curase sen máis? Non existen probas cienctíficas, e ninguén se molesta en comprobar nada, simplemente optan polo camiño máis sinxelo, crer que eses meigallos e feitizos si funcionan, ata o punto de que, en ocasións, todo resulte ser algo psicolóxico, é dicir, froito da súa imaxinación. Neste caso, o paciente curariase ou resolvería os seus problemas só crendo no meigallo, ainda que este non existise certamente.
ResponderEliminarEu tamén estou de acordo en que se trata de pseudociencia, xa que as meigas ou as bruxas tan so son unha crenza, non podemos fiarnos aínda que, aparentemente, vexamos que eses meigallos funcionan, porque, ¿ quen nos asegura que non é froito dunha simple casualidade? ¿ ou que todo estaba amañado para que o suposto paciente curase sen máis? Non existen probas cienctíficas, e ninguén se molesta en comprobar nada, simplemente optan polo camiño máis sinxelo, crer que eses meigallos e feitizos si funcionan, ata o punto de que, en ocasións, todo resulte ser algo psicolóxico, é dicir, froito da súa imaxinación. Neste caso, o paciente curariase ou resolvería os seus problemas só crendo no meigallo, ainda que este non existise certamente.
ResponderEliminarNoelia Lema, 1ºA