19 ene 2011

Os grandes mamíferos medraron tras a extinción dos dinosaurios

Ao comezo da súa evolución, fai uns 140 millons de anos,o peso destes pequenos mamíferos oscilaba entre os 3 gramos e os 15 kg, sen embargo, trás a desaparición dos Dinosaurios, estes explotaron en tamaño e tamén en área de distribución , surxindo os rinocerontes xigantes (os mamíferos máis grandes da Terra ata o de agora) e os elefantes africanos (os segundos mamíferos máis grandes).

Isto tan só é unha valoración dada trás a recopilación de datos fósiles sobre o tamaño destas especies ao longo da súa historia evolutiva, pero, ¿ que ten que ver a desaparición dos dinosaurios co aumento de tamaño dos mamíferos? Aparentemente nada, sen embargo, eu creo que tiñan que posuir algún xen común, ou simplemente foi que, estes mamíferos foron adaptándose ao medio no que vivían antes os dinosaurios, e o seu corpo foi cambiando só.

E vos, ¿credes que ambos os dous sucesos teñen algunha relación?

4 comentarios:

  1. Penso que si que teñen algo en común porque non xurdimos da nada,entón primeiro xurdiron os dinosaurios e despois,apartir doutras célúlas semellantes xurdiron os mamiferos.
    Extinguíronse os dinosaurios xa que estaban peor adaptados ao medio que os mamíferos,deixandolels así sitio para estes novos mellor adaptados.
    Xulia Añón Caamaño 1ªA

    ResponderEliminar
  2. Eu creo que o mamíferos acostumáronse e adaptáronse ao medio no que vivían os dinosauros, é dicir, non defendo a evolución adaptativa de Lamarck neste caso,senón que paréceme máis axeitada a teoría de Darwin.

    Myre 1ºD

    ResponderEliminar
  3. Myrella, como se acostuma e se adapta un se non defendes a visión de Lamarck

    ResponderEliminar
  4. Segundo os científicos, este aumento de tamaño dos mamíferos débese a unha maior dispoñibilidade de alimento e de espacio. Tamén afirman que canto máis frio é o clima, maior é o tamaño dos animais, posto que os animais máis grandes, conservan mellor a calor.
    Dina Souto, 1ºC.

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?