19 ene 2011

A longa infancia humana, clave da evolución da especie

Os Homo Sapiens teñen unha longa infancia, o que dificulta a supervivencia de motias crias, pero poderia ser a clave do éxito no planeta respecto , por exemplo, aos Neandertales.

Tras o estúdio de 11 dentes fosilizados encontrados en Europa, que ademais permiten coñecer a idade dos restos por unhas liñas acumuladas co tempo, chegaron á conclusión de que a nosa especie madura máis lentamente incluso que os nosos parentes mais cercanos, desde que deixamos África fai uns 100.000 anos.

Eu opino que, cada especie é distinta e, pólo tanto, terá un patrón de crecemento distinto pero, vulgarmente, dicimos que todos procedemos do mono, enton, como é que podem existir diferenzas tan notables entre seres da mesma procedencia?

5 comentarios:

  1. A nosa especia madura máis lentamente pero probablemente madure máis estable posto que antes había unhas peores condicions de vida respecto a agora como por exemplo,o alimento ou outra cousa tan simple como a auga que realiza funcions como termoreguladora, estrutural,amortiguación,mecánica,disolvente...
    Xulia Añón Caamaño 1ªA

    ResponderEliminar
  2. Pois eu creo que aínda que sexamos da mesma procedencia, cada ser é un mundo e todos nos diferenciamos por algo. Así que, cada un crecera de forma distinta.
    Myre 1ºD

    ResponderEliminar
  3. Facendo referencia ao meu comentario de arriba, destacar que si se producen diferenzas entre especies da misma procedencia, isto implica cambio, e si, estamos a falar da teoría da evolución sostida por tres pilares que son:
    1.Variación xenética entre os membros da misma poboación
    2.Herdanza desas variacións.
    3.Selección natural

    Myre 1ºD

    ResponderEliminar
  4. Myrella
    Non entendo a relación do teu comentario coa entrada

    ResponderEliminar
  5. Existen diferenzas tan notables porque, se non me equivoco, os neandertales e o sapiens teñen o seu antepasado común, no antecessor. Que se diferenciou, antes, no heidelbergensis, que derivou no neandertal, e no rodhesiensis, que rematou no sapiens. Hai aproximadamente un millón de anos do antecessor, polo tanto, creo lóxico que en tantos anos se presenten claras diferenzas. Tendo en conta, que os organismos coas variacións máis vantaxosas sobreviven mellor, e teñen máis descendencia.
    Dina Souto 1ºC

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?