http://pasionxafrica.blogspot.com/2010/03/ebola-epidemia-asesina.htmlA Ébola é unha enfermidade infecciosa, altamente contaxiosa e moi severa que afecta tanto a animais como a seres humanos. Esta enfermidade está ocasionada por un virus da familia dos filovirus.
Este virus transmitese por contacto directo coa sangue, saliva, súor…Dende a aparición dos primeiros síntomas ata a morte varía entre os 3 e os 21 días. Este virus está vivo en África, aínda que tamén se deron brotes en EE.UU e Alemaña.
Os síntomas desta enfermidade son febre, dores de cabeza e perda do apetito. Se a enfermidade progresa aparecerán diarreas, vómitos, e ademáis, o sangue non coagulará ben e como resultado dará unha hemorraxia total de órganos internos e externos. Ao final provoca a morte presentando vómitos de sangue e órganos desintegrados, e tamén por trombocitopenia.
A causa do contaxio inicial ainda é descoñecida. Pero ben se sabe que é un virus mortal e non ten cura nin tratamento específico. Só se coñecen dous casos en que se salvaron dunha morte asegurada por contaxio.
Nun futuro, a ciencia será quen de atopar unha solución para esta arma biolóxica? Xa houbo intentos para atopar cura para esta enfermidade e sigueos habendo, e eu penso que si, e que esa solución non está lonxe.
Thomas Geisbert diseñou unha pequena molécula de ARN que ten a capacidade de sabotear este virus. A proba está en catro monos que se infectaron e sobreviviron despois de recibir o medicamento durante 7 días.
Este tratamento podería estar dispoñible para ser utilizado en 5 anos, Aínda que se requieren máis estudios e probas para que o medicamento sexa efectivo.
Laura Gundín 1ºB
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿Estás seguro de que queres comentar?