20 ene 2011

As píldoras máis antigas ate o momento.


http://www.amaliorey.com/2009/07/02/pildoras-post-88/
Fai dez anos descubriron unha nave chea de mediciñas que naufraxiou no 130 AC na actual Toscana, Italia. Este acontecemento fíxose coñecido porque esa nave contiña pílulas feitas por médicos da Antiga Grecia. "Estamos ante a primeira proba física das receitas de Dioscórides e Galeno" dixo un científico do Museo de Historia Natural de Washington. Con análises de ADN descubríuse que esas pílulas contiñan restos de plantas, entre elas o xirasol, o cal non chegou a Europa ata o século XV provinte de América. Como puido suceder iso?
A mediciña moderna tacha a estas pílulas de pseudociencia inefectiva. Credes que realmente é así? Que simplemente son herbas mezcladas ao azar? Que estes médicos gregos fíxeron as pílulas sen saber o que facían?
Eu creo que Dioscórides e Galeno pode que non souberan se esas pílulas foran facer efecto ou non. Pero o que sí tiñan claro era cal era a finalidade da pílula, sanar a xente. Tampouco tacharía as pílulas de pseudociencia porque son un proxecto duns médicos que cumpre as características da ciencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?