Unha nova investigación levada a cabo pola Universidade de Princeton refoza a teoría da Panspermia. Trátase dun estudo que suxire a posibilidade da tranferencia débil: proceso no que obxectos sólidos poden deambular fóra da órbita dun corpo celeste e acabar na doutro, o que podería dar lugar a un intercambio de elementos básicos para a vida. O equipo atopou que as velocidades lentas favorecen este proceso e que o tempo deste cambio pode ser compatible co desenvolvemento real do Sistema Solar e ca primeira aparición da vida sobre a Terra.
Pode acabar sendo a Panspermia a teoría aceptada?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿Estás seguro de que queres comentar?