Unha perspectiva moi persoal e íntima da vida da agora considerada a científica máis importante da historia, Marie Curie. Isto é o que nos ofrece este libro de Rosa Montero, autora que cun ton de acercamento nos introduce nunha reflexión sobre aspectos inéditos da vida desta gran muller grazas aos cales trata diversos temas actuais. A novela é unha apertura de corazón de Marie Curie e da mesma autora ao posuír diversos trazos e vivenzas en común. Non perdades a oportunidade de sumerxirvos nesta lectura xa que, segundo a miña opinión, é unha posibilidade de pensar e reflexionar sobre aspectos que non desaparecen pese aos anos, ao mesmo tempo que nos culturizamos sobre unha persoa que xogou un papel tan importante na mellora da nosa vida.
Hace 3 horas
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿Estás seguro de que queres comentar?