Nos últimos 30.000 anos a materia gris de homes e mulleres reduciuse até perder o tamaño dunha pelota de tenis. Estamos volvéndonos máis tontos ou pola contra o noso cerebro transfórmase para ser máis áxil e eficiente?
Tras tomar medidas en numerosos cráneos, chegamos a conclusión de que o tamaño medio do cerebro dos humanos modernos –Homo Sapiens- reduciuse nun 10% nos últimos anos.
Algúns antropólogos cren que esta redución non é tan sorprendente, xa que a capacidade craneal non está en absoluto relacionada coa intelixencia, senón coa masa corporal. Canto máis grandes somos, máis materia gris precisamos para controlar toda esa masa. O home de Neanderthal era máis corpulento e tiña un cerebro máis grande.
E vós que pensades? Realmente nos estamos a volver menos intelixentes porque o noso cerebro esté reducindo o seu tamaño?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¿Estás seguro de que queres comentar?