Como te sentirías se a túa memoria só retivese os últimos oitenta minutos da túa vida? Como te sentirías se cada hora comezaras unha nova existencia? Como poderías sobrevivir se para lembrar o que fixeches a hora do almorzo tiveras que levar o corpo cheo de anotacións? Pois iso é o que lle pasa ó protagonista desta optimista novela. A historia pode parecer a priori de ciencia ficción pero según afondas nas súas páxinas descobres que con amor sempre hai esperanza. Merece a pena lela, quizáis non sexa unha historia tan surrealista, tal vez non se alonxe moito do que lle pasa a milleiros de persoas en España que sofren alzheimer.
Hace 7 horas
http://www.youtube.com/watch?v=PQ3TWgNERAU&feature=related
ResponderEliminarEsta é outra mostra dun problema semellante ó do libro anterior, no que tras un accidente perde a memoria e só é capaz de reter 24 horas, é dicir, un día enteiro. Nesta película refléxase a dura realidade a que se somete unha persoa enferma ó darse conta de que sufriu un accidente tal. A pesar das dificultades ás que se somete, consigue facer a súa vida; eso sí, tendo que ver unha película que lle aclare o acontecido. Chámase "50 primeras citas" e sen dúbida, aconséllovola. Sempre está ben coñecer este tipo de casos, que a parte de facerte reflexionar, dan unha lección de vida.