2 feb 2011

A nosa orixe.




En 1994, un equipo de astrónomos, a cargo de Lewis Snyder, asegurou que atoparan unha molécula de glicina no espacio. Dacordo con simulacións por ordenador e experimentos no laboratorio, a glicina formouse cando anacos de xeo que contiñan moléculas orgánicas simples foron expostos a luz ultravioleta. En 2009 a NASA confirmou a presencia desta molécula no cometa “Wild 2” gracias as mostras obtidas pola sonda Stardust. Isto podería servirlle de apoio ás teorías que apoian unha orixe extraterrestre da vida na Tierra mediante un fenómeno bautizado como panspermia.

Vos, que pensades? Procedemos dun mundo extraterrestre?


http://www.eduardpunset.es/417/charlas-con/gracias-a-la-vida-la-tierra-es-como-es


Mónica.



3 comentarios:

  1. Eu non creo iso. Prefiro a idea de que o mundo, ven dado polo Big Bang, porque é máis fácil comprender que a materia nun momento dado " explota",esparcíndose a materia por todos os lados e formando o mundo.
    Myre 1ºD

    ResponderEliminar
  2. Precísamente por iso a túa opinión non ten validez científica, porque cres ou non cres. Non tes argumentos que apoien as túas crenzas? Por facilidade sería o Sol que daría voltas ao redor da Terra.

    ResponderEliminar
  3. Tratar de comprender o noso orixe non é fácil e moito menos tratar de explicalo. Respondendo a pregunta: Procedemos dun mundo extraterrestre?
    Eu digo que non, hai numerosas probas que demostran que a vida se orixinou na Terra, algunhas das cales son: que analizando as características da atmosfera primitiva e reproducindoa en laboratorio somos capaces de formar moléculas. Ademais a Panspermia como teoría ten algúns problemas, o maís salientable é que non soluciona o problema se non que soamente o translada, probocando así maís interrogantes que respostas.

    Eva 1ºA

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?