2 feb 2011

Unha breve historia de case todo



Este libro está estruturado nunha presentación e en sete capítulos. Abarcan temas científicos comezando dende un punto de vista máis teórico ata outro máis practico baseándose en experimentos e datos curiosos dos científicos máis destacados ata a actualidade.

Os motivos polos que me decantei para ler este libro é porque esta cheo de preguntas que algunha vez nos fixemos e non puidemos atopar resposta debidos os nosos mínimos coñecementos. Pola contra non o debería de escoller unha persoa a que non lle interesen as ciencias, xa que nin sequera lle resultarían interesantes os temas que trata, non mostraría atención e pareceríalle un aburrimento.

O que nos quere mostrar Byll Bryson nesta obra é en como pasamos de non ser nada a ser algo, e como ese algo se converte en nós e o que sucedeu mentres tanto. Algúns dos exemplos cos que nos mostra esto son como por exemplo: como xurdiu a Gran Explosión, o parecer Penzia e Wilson descubrírona, pero non se decataron de que o ruído que proviña das antenas do seu laboratorio era o 1% da Gran Explosión, a partir de ese momento diferentes científicos comezan a buscar os “porqués”. A aparición da vida mediante a teoría da panspermia, que nos sitúa a vida fora da Terra. As miles de bacterias que nos rodean, sabemos que hai arredor de 100.000 billóns de bacterias que viven na nosa pel e así moitos máis datos que me sorprenderon. Como podemos crear un ser vivo se recreamos as condicións que había antes, se collemos os mesmos elementos cos que se orixe a vida (CHON) e pequenas cantidades de outros elementos, ademais de azucres, ácidos e de composicións químicas, estaríamos creando vida. Outros como a evolución, partindo dunha célula como chegamos a ser seres vivos e como evolucionamos o largo da historia. Como cambian os planetas, o exemplo mais claro e Plutón, xa que un minúsculo e escuro planeta, nunca se sabe onde o atoparemos, está vagando constantemente e ademais é un cuarto do 1% da Terra. Que acontece no universo cando observamos o ceo, depende do hemisferio onde nos atopemos porque por exemplo Evans chegou a observar 400 galaxias nunha sesión xa que vivía no hemisferio norte. A enfermidade do buzo, grazas a Haldane que fixo unha investigación partindo de intervalos para a ascensión desde profundidades. Xa que o nitróxeno convertíase en burbullas e pasaba o sangue cando se empregaban os traxes de buceo. En como converterse nun fósil, debemos de morrer nun lugar adecuado, xa que os animais terrestres non moren en sedimentos e a parte só un oso de cada 1000 millóns fosilizase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?