11 jun 2013

É saudábel o uso do correo electrónico?



Que che suba o nivel de estrés e a presión, que se che acelere o ritmo cardíaco e che aumenten os niveis da hormona cortisol  significa que tes o virus do correo electrónico. E estás lendo ben xa que unha ferramenta tan utilizada coma o correo electrónico según un estudo feito pola Universidade de Loughborough en Reino Unido provoca estrés. Neste estudo onde se analizou o comportamento de 30 funcionarios comprobouse que os síntomas de estrés aumentaron máis dun 80% cando estes funcionarios usaban o correo electrónico de forma continuada e tamén que ese estrés pode chegar ao 92% se a parte de mirar o correo electrónico están falando por teléfono. 
 Pensabas que os funcionarios non se estresaban? Pois agora xa sabes que si que o fan. 
 Opinas que a tecnoloxía pode chegar a ser un retroceso para o ser humano en canto a estrés? É saudable o uso das novas tecnoloxías con tanta frecuencia como é o normal hoxe en día? É bo o correo electrónico e outras redes de comunicación aínda máis instantáneas coma o Whatssapp?

 Fonte: http://ponteenpie.lafactoriadelaradio.com/?p=2193 

1 comentario:

¿Estás seguro de que queres comentar?