14 jun 2013

Unha impresora 3D fabrica unha tráquea que salva a un neno.


Un neno,que agora conta con 20 meses,naceu afectado polo colapso da tráquea.As posibilidades de sobrevivir eran case nulas, ata que lle suxeriron aos pais a posibilidade dunha cirurxía experimental, que consistía na implatanción dun soporte traqueal feito dun biopolímero chamado policaprolactona. Este soporte traqueal disolvérase arredor dos tres anos,que é tempo que lle leva á traquea rexenerarse. Podérase nun futuro non moi lonxano crear órganos artificias,como un corazón?


No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?