5 feb 2012


O PROBLEMA DO NARIZ DE CHARLES DARWIN

Cando Charles Darwin decide embarcarse no Beagle, viaxe  que lle permitiu coñecer un gran número de especies, o capitán do barco Robert Fitzroy  decidiu que non lle deixaría facer a viaxe debido a forma do seu nariz. As teorías de Lavater, que postulaban que se podía coñecer o carácter dunha persoa polo seu físico, non estaban do lado de Darwin, xa que o seu nariz reflectía que non tería suficiente forza e determinación para levar a cabo a viaxe.
 Resulta cómico que por culpa do seu nariz Charles Darwin estivese a punto de non participar na viaxe que determinaría os seus estudos e permítelle concluír que a diversidade é unha cuestión de evolución según as circunstancias específicas de cada lugar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?