10 may 2011

Logran cultivar un proto-ollo


Nunha escena da película Blade Runner podemos ver como, nun laboratorio, se crean ollos con técnicas de bioloxía avanzadas. Aínda que isto resulte un tanto incrible, pois é difícil comprender como se pode crear un ollo sen o desenrolo embrionario do resto do corpo, é certo que actualmente hai certos tecidos do ollo que si se poden crear nun medio de cultivo, a partir de células nai, sen necesidade de desenrolo embrionario. O desenrolo embrionario está cada día mellor caracterizado a nivel molecular pero aínda estamos moi lonxe de comprender como a acción de células de diversos tipos se organiza en tres dimensions para crear tecidos e órganos. Credes que é posible cultivar un órgano sen un anterior proceso embrionario? E o caso de que isto sexa certo, pensades que ten algunha utilidade? serviria realmente para algo?

2 comentarios:

  1. Estariamos fabricando un clon do noso ollo o cal permitiría obter outro idéntico.Para min,non está ben feito porque o novo órgano teriamolo que habituar aos nosos costumes posto que digamos que non ten ningún coñecemento previo.Teriamos que ensiñarlle todo e iría un paso por detrás do outro ollo o cal non serviría de moito.
    Xulia Añón Caamaño 1bacA

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?