12 may 2011

Un xen responsable das migrañas?


Un grupo de investigadores canadienses xunto con un grupo de científicos da Universidade de Oxford lograron atopar un xen, chamado Tesk, que resultou ser o causante das migrañas, Os estudos afirman que se este xen se desenrola de forma defectuosa pode chegar a activar terminacións nerviosas que activan a dor e producen as migrañas. Para isto analizaronse máis de 100 persoas con dores de cabeza frecuentes, e tamén ás súas familias, xa que esta dor pode ser hereditaria. Pero que sexa hereditaria quere decir que obrigatoriamente sexa transmitida de pais a fillos? que teña que pasar por todas as xeracións obrgatoriamente?
Na miña opinión, que as migrañas si que teñen que ser hereditarias, xa que hai estudos que demostran que existen partes do ADN que aumentan o risco de que esta "enfermidade" sexa cada vez máis abundante na poboación. E vos, que opinades?

3 comentarios:

  1. Informándome encontrei que na migraña é importante saber que non se transmite de pais a fillos de forma dominante. Na migraña non hai dominancia directa pero sí certas características da persona que se comparten cos pais , poden predispoñer a padecer migraña. Refírome a rasgos de personalidade , é decir, personas obsesivas, ordenadas, eficientes, que por esta personalidade están en estrés constante e padecen migraña.
    Myre 1ºD

    ResponderEliminar
  2. É certo que as migrañas se poden transmitir hereditariamente pero non sempre se cumpre esta regra.Este exemplo é semellante ao que puxo Mendel cos chícharos que como vimos,cumprese porque él mesmo modificou os resultados como a el lle conviña mellor.
    As migrañas son transmitidas de pais a fllos pero se un dos pais no ten migrañas pode que o fillo non as teña.
    Xulia Añón Caamaño 1bac A

    ResponderEliminar
  3. De onde sacas que os datos dos chícharos de Mendell non se cumpren? Antes de facer acusacións dese tipo tes que ter probas.
    Os experimentos cúmprense, só tivo moita sorte na elección da planta e dos caracteres

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?