9 feb 2011

A BIOTECNOLOXÍA EN GALICIA

Os distintos países industrializados fan unha continua aposta polas posibilidades que a biotecnoloxía oferta. De feito, en Galiza púxose en marcha no ano 2006 o Clúster de Biotecnoloxía de Galiza. Este clúster está constituído por máis de trinta empresas dos sectores: alimenticio, acuícola, agrícola, biomédico, etc.
Por outra banda, existen diversos grupos de investigación vinculados á biotecnoloxía. O máis interesante para min foi o grupo de ictioxenética da Universidade de Santiago de Compostela, que aplica ferramentas xenómicas para a mellora da cría do rodaballo. Amais están desenvolvendo o primeiro
microarray neste organismo coa intención de localizar os xenes potenciais de resistencia fronte a diversas patoloxías. Outro grupo moi interesante atopámolo na Universidade da Coruña onde traballan no tratamento de substancias industriais. Outro exemplo é o grupo do Salustiano Mato, na Universidade de Vigo, quen traballa nos bioprocesos do que se deu en chamar vermicompostaxe (compostaxe grazas aos vermes).
Aquí vos deixo unha páxina moi interesante sobre a biotecnoloxía e a agricultura:
ADEGA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?